Onde están os libros?

Fecha: 
Sábado, 26 de Abril de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para bebés de 6 a 36 meses

O sábado 26 de abril ás 11:00 da mañá os/as bebés poderán disfrutar dunha sesión de contacontos moi especial.

Olga Abad tráenos un espectáculo cheo de maxia, aventura e títeres que comeza cando a nosa amiga, a bibliotecaria, descobre que todos os libros da súa biblioteca desapareceron misteriosamente, sen deixar rastro. Desde ese momento, ela terá que encherse de valor e embarcarse nunha xornada chea de aventuras para atopalos. Unha historia entrañable que fará volar a imaxinación dos/as bebés e as súas familias.

Para asistir a esta actividade:

  • Os/as bebés teñen que ter entre 6 e 36 meses e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 22 de abril ás 16:00 horas, ben de xeito presencial ou chamando ao 981382173.