Os Bolechas e as familias acolledoras chegan á biblioteca
Un contacontos para descubrir e aprender en familia sobre o valor do acollemento.

O sábado 8 de novembro ás 11:00, a biblioteca acollerá unha sesión de contacontos moi especial dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e ás súas familias.
Da man da Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) chega Os Bolechas: Familias acolledoras, unha actividade baseada no proxecto didáctico promovido pola Secretaría Xeral da Lingua, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e Bolanda Edicións.
A través das aventuras dos irmáns Bolechas e do novo personaxe, Balbino, coñeceremos a realidade das familias acolledoras, aprenderemos a importancia de ofrecer un fogar cheo de agarimo e, por suposto, gozaremos dunha mañá de contos e emoción.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 4 de novembro ás 16:00 horas, ben de maneira presencial ou chamando ao 981382173.






Añadir comentario