Eu tampouco navegar

Fecha: 
Sábado, 23 de Mayo de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos arredor de Begoña Caamaño. Día das letras galegas 2026

A programación especial do Día das letras galegas continúa o sábado 23 de maio ás 11:00 na biblioteca cunha proposta para achegar aos nenos e nenas a figura de Begoña Caamaño dunha maneira divertida, dinámica e participativa.

Da man de Caxoto Contacontos, o espectáculo Eu tampouco navegar convida a viaxar pola palabra contada e a descubrir algunhas das ideas presentes na obra da autora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega. A actividade revisa mitos clásicos, introduce pequenas reflexións arredor da igualdade e celebra a forza das nosas letras a través do humor, da narración oral e da imaxinación.

Para participar na actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 19 de maio ás 16:00 horas. Podedes facelo de xeito presencial ou chamando ao 981382173.