Un mosaico para Gaudí

Fecha: 
Sábado, 13 de Junio de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro para descubrir o universo creativo de Antoni Gaudí no centenario do seu pasamento.

O sábado 13 de xuño ás 11:00 horas convertemos a biblioteca nun pequeno obradoiro modernista para achegar a nenos e nenas á figura de Antoni Gaudí, unha das grandes referencias da arquitectura universal e máximo expoñente do modernismo catalán. Sete das súas obras están declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Os nenos e nenas coñecerán curiosidades sobre a súa vida e a súa obra e experimentarán cunha das técnicas máis representativas das súas creacións: o trencadís, unha forma de mosaico elaborada con fragmentos de cerámica e outros materiais.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os cinco anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 9 de xuño ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.