Coñecendo a... Carlo Collodi
Celebramos o bicentenario do nacemento de Carlo Collodi cunha actividade infantil arredor de Pinocho, que combinará narración oral e un pequeno obradoiro creativo.

Con motivo do bicentenario do nacemento de Carlo Collodi (1826–1890), a biblioteca organiza unha actividade moi especial para o público infantil o sábado 14 de novembro ás 11:00 h. A actividade, que incluirá un pequeno obradoiro, está pensada para achegar aos máis pequenos e pequenas a figura deste autor.
A través do conto “Pinocho”, un dos seus relatos máis fermosos, exploraremos temas como a fantasía e a amizade, eixes centrais na obra de Carlo Collodi. A proposta, dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos, inclúe unha sesión de narración oral adaptada, seguida dunha actividade creativa na que os/as participantes elaborarán unha marioneta.
Os nenos e nenas tamén coñecerán algunhas anécdotas da vida do autor: por exemplo, o misterio do seu nome falso, que era o irmán maior nunha superfamilia, ou como que era o rei das travesuras na escola.
Para participar nesta actividade:
- É necesario ter catro anos ou máis e contar co carné da rede de bibliotecas.
- Requírese inscrición previa: o prazo de inscrición ábrese o martes 10 de novembro ás 16:00 h. Podes anotarte presencialmente na biblioteca ou chamando ao 981382173.






Añadir comentario