Lemos xuntos/as "O homiño vestido de gris"
Entre as novidades infantís deste trimestre destacamos este libro que recolle oito relatos poéticos de Fernando Alonso (que ademáis do piloto de Fórmula 1 é o nome dun escritor) e leva por título O homiño vestido de gris e outros contos.
A editorial Kalandraka edita por primeira vez en galego esta obra publicada en 1978. Dende entón, o libro recibiu recoñecementos tan importantes como:
- O Premio Lazarillo 1977.
- Libro de interés infantil do Ministerio de Cultura 1978.
- Lista de honra IBBY 1980.
- Unha das cen mellores obras de literatura infantil e xuvenil do século XX (Pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez).
Agora temos a oportunidade de ler o primeiro conto, pinchando aquí abaixo:
De seguro quedaches con gana de ler os outros sete, a que si? Telos dispoñibles na biblioteca, así como outras obras do mesmo autor.
Añadir comentario