Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Faladoiro sobre hixiene menstrual e endometriose

Faladoiro sobre hixiene menstrual e endometriose

Miércoles, 22 de Mayo de 2024

A asociación QuerEndo, mulleres con endometriose [1], comparte unha xornada de información crucial para toda a cidadanía

En conmemoración do Día da Hixiene Menstrual (28 de maio), a biblioteca organiza un faladoiro informativo a cargo da asociación QuerEndo: mulleres con endometriose [1] (asociación de mulleres afectadas por esta doenza).

Nesta sesión participarán as membros da directiva de QuerEndo, Sara Iglesias Sánchez (presidenta) e Rosa Calvo Carballeira (vogal), quen compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre temas esenciais relacionados coa saúde menstrual.

O faladoiro estruturarase en varios puntos:

  • Coñecer a endometriose: Abordarase que é a endometriose, como afecta ás mulleres, os seus síntomas e o traballo que realiza QuerEndo para apoiar ás afectadas.
  • Entender o ciclo menstrual: Explicación das diferentes fases do ciclo menstrual, as súas características, e desmentir algúns mitos comúns sobre o ciclo.
  • Opcións para a recolección do sangrado: Información sobre as diversas opcións dispoñibles para a recolección do sangrado menstrual, incluíndo métodos menos coñecidos pola maioría.

Aínda que o faladoiro está enfocado en temas que afectan principalmente ás mulleres, todo o relacionado coa endometriose e o ciclo menstrual repercute tamén na saúde e ao benestar de todas as persoas. É por iso que convidamos a toda a cidadanía a compartir esta xornada de información.

O acto terá lugar o martes 28 de maio ás 18:30 na sala multiúsos da planta soto e está aberto ao público ata completar o aforo dispoñible da sala.

 

 

Etiquetas: 
Endometriose
Hixiene menstrual
QuerEndo
Faladoiros

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1031

Enlaces
[1] https://querendo.eu/