Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Faladoiro informativo: Día mundial das persoas corredoras

Faladoiro informativo: Día mundial das persoas corredoras

Martes, 28 de Mayo de 2024

Mércores 5 de xuño ás 19:00 na sala multiúsos de planta soto.

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

 

O primeiro mércores de xuño celébrase o Día Mundial do Corredor, unha xornada para homenaxear aos millóns de corredores e corredoras en todo o mundo e promover un estilo de vida activo e saudable.

En conmemoración a esta data tan especial, a biblioteca organiza o mércores 5 de xuño ás 19:00 horas unha faladoiro informativo en colaboración co Club Deportivo 21 Leguas de Narón.

Beneficios de correr:

  • Fortalecemento do sistema cardiovascular e respiratorio.
  • Optimización do sistema osteoarticular (ósos, ligamentos e articulacións) e do sistema muscular (músculos e tendóns).
  • Fortalecemento do sistema inmune.
  • Prevención e diminución do risco de enfermidades coronarias, cancro, osteoporose, entre outras.
  • Aceleración do metabolismo basal e perda de peso.
  • Redución do estrés e da ansiedade.
  • Mellora da autoestima.

Programa do faladoiro:

Durante o faladoiro contaremos coa participación de diferentes membros do Club Deportivo 21 Leguas, quen abordarán diversos temas de interese para corredores e corredoras de todos os niveis:

Correr por montaña: desnivel e tipos de chan – Hugo Piñeiro informaranos sobre as particularidades e desafíos de correr en montaña e aconsellaranos sobre o equipamento esencial para unha experiencia segura e efectiva.

Especialistas deportivos/as – Tamara López ofreceranos unha valiosa información sobre a importancia de contar con especialistas no ámbito deportivo para mellorar o teu rendemento e previr lesións.

Tipos de corredores/as: varios perfís e idades – Manel Lorenzo, a través da súa experiencia persoal, analizará os distintos perfís de corredores/as atendendo ás diferentes idades e niveis de experiencia.

Se estás pensando en iniciarte nesta disciplina ou queres obter máis información sobre ela, non perdas esta oportunidade de informarte e resolver todas as túas dúbidas. O faladoiro está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala. Agardámoste!

 

 

Etiquetas: 
Día mundial do corredor
Running
Correr
Faladoiros
Club Deportivo 21 Leguas

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1033