Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos...

Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos...

Fecha: 
Sábado, 22 de Febrero de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Celebramos o Día de Rosalía cun espectáculo infantil e familiar

Que foi primeiro, os ríos ou o mar? Habería mar de non haber ríos? É posible bañarse dúas veces na mesma auga do mesmo río? Sendo Galicia a terra dos mil ríos estas preguntas teñen máis importancia que a do ovo e a galiña.

Se o traemos ás nosas letras viriamos a descubrir que o río sería Rosalía de Castro e o mar a nosa literatura. Foi ela quen, coma o Miño, atravesou a nosa cultura e o noso país de arriba a abaixo abrindo unha conca chea de afluentes, mananciais, fontes e regatos… que somos nós, que bebemos das súas augas.

No espectáculo que temos programado para o sábado 22 de febreiro ás 11:00 Caxoto Contacontos fai un percorrido pola obra e vida de Rosalía de Castro a través dos seus escritos e do seu testemuño, pero tamén a partir dos afluentes, lagoas ou mananciais que xurdiron dela. Coñeceremos as mulleres poetas que a partir da súa herdanza deron lugar a unha poesía galega recoñecida aquí e fóra das nosas fronteiras.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o seis anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 18 de febreiro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verano (del 21 de junio al 6 de septiembre):

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1091