Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Convocatoria para exposición artística

Convocatoria para exposición artística

Martes, 11 de Marzo de 2025

Exposición colectiva sobre igualdade para expoñer no mes de abril

A Biblioteca Municipal de Narón invita aos/ás artistas da contorna a participar na nosa exposición colectiva sobre a igualdade, que se exhibirá durante o mes de abril. Esta iniciativa, encadrada dentro dos actos cos que o Concello de Narón conmemora o 8M [1], busca promover a reflexión e o debate sobre a igualdade a través da expresión artística, convertendo a biblioteca nun espazo de encontro para a creatividade e o pensamento crítico.

 

Bases da convocatoria:

  • Poderá participar calquera persoa maior de idade, preferiblemente que resida ou desenvolva a súa actividade artística no ámbito local.
  • As obras presentadas deberán estar relacionadas coa temática da igualdade en calquera das súa vertentes (xénero, diversidade, oportunidades, dereitos, etc.).
  • Admitiranse obras en diferentes disciplinas: pintura, ilustración, fotografía, arte dixital e outras manifestacións plásticas en dúas dimensións, sempre e cando as obras sexan susceptibles de seren expostas penduradas.
  • Ningunha das dimensións das obras poderá exceder os 70 centímetros.
  • O peso máximo total (incluindo o enmarcado ou soporte) das obras será de 1 quilogramo.
  • Cada artista poderá presentar ata un máximo de 3 obras.
  • As obras deberán ser orixinais e estar debidamente enmarcadas para a súa exposición.
  • A selección das pezas correrá a cargo dun xurado especializado en igualdade, que valorará a calidade técnica, a orixinalidade e a coherencia coa temática proposta.

 

Prazo e forma de presentación:

O prazo de presentación das propostas estará aberto do luns 3 ao domingo 23 de marzo de 2025.

Para participar, as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a a.gonzalez@naron.gal [2] indicando no asunto “Mostra artística igualdade” e facendo constar:

  • Nome e apelidos do/a artista.
  • Título de cada unha das obras presentadas.
  • Dimensións e peso de cada unha das obras presentadas.
  • Teléfono de contacto.
  • Fotografías da/s obra/s propostas (en boa resolución).
  • Descrición breve de cada obra (título, técnica empregada e reflexión sobre a súa relación coa igualdade), cun máximo de 150 palabras.

 

Selección das obras:

O xurado especializado en igualdade reunirase o xoves 27 de marzo para facer a selección das obras que formarán parte da mostra.

 

Notificación:

As persoas seleccionadas serán notificadas por correo electrónico o venres 28 de marzo para a entrega e montaxe das súas obras na biblioteca. O traslado das obras será responsabilidade do/a artista.

O prazo de entrega das obras na biblioteca estará aberto dende o momento da notificación ata o luns 31 de marzo. A entrega das obras poderá facerse no horario de apertura habitual da biblioteca, que é:

  • Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.
  • Sábados de 10:00 a 13:00.

A organización reservarase o dereito de retirar as obras que polas súas características ou calquera circunstancia non prevista non poidan ser expostas.

 

Datas de exhibición da mostra:

As obras seleccionadas serán expostas na sala multiusos da biblioteca municipal do martes 1 ao mércores 30 de abril de 2025 no horario de apertura habitual desta sala:

  • Luns a venres de 17:00 a 20:00.
  • Sábados de 10:00 a 13:00.

 

Convidámosvos a compartir a vosa visión sobre a igualdade a través da arte e a formar parte desta iniciativa que busca inspirar e sensibilizar a toda a comunidade.

Para máis información, podedes contactar connosco no teléfono 981382173.

Esperamos as vosas propostas!

 

 

Etiquetas: 
8M
Día internacional da muller
igualdade
Arte
Exposicións

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verano (del 21 de junio al 6 de septiembre):

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1096

Enlaces
[1] https://www.naron.gal/cat/gal/cat/gal/cat/gal/novas/get/6553 [2] mailto:a.gonzalez@naron.gal