Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Coñecendo a Andersen

Coñecendo a Andersen

Fecha: 
Sábado, 5 de Abril de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil achegándonos á figura de Hans Christian Andersen.

O 2 de abril celébrase o Día internacional do libro infantil e xuvenil, unha data especial que conmemora o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, o mestre dos contos de fadas. Quen non leu algunha vez historias tan marabillosas como O parruliño feo, A sereíña ou O soldadiño de chumbo?

Na biblioteca queremos sumarnos a esta celebración cunha actividade moi especial para os pequenos e pequenas da casa. O sábado 5 de abril, a partir das 11:00 da mañá, teremos unha sesión multidisciplinar que incluirá:

  • Unha breve introdución sobre o significado desta conmemoración.
  • Un achegamento á figura de Hans Christian Andersen e o seu legado literario.
  • Un obradoiro creativo onde os nenos e nenas poderán dar renda solta á súa imaxinación inspirándose nos seus contos.

Será unha mañá chea de historias, fantasía e diversión, perfecta para descubrir ou redescubrir a maxia dos contos clásicos. Agardámosvos na biblioteca!

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 1 de abril as 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as, ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verano (del 21 de junio al 6 de septiembre):

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1100