Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Escándalo na biblioteca!

Escándalo na biblioteca!

Fecha: 
Sábado, 13 de Septiembre de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un escape room para valentes

O sábado 13 de setembro ás 11:00 retomamos a nosa programación de actividades infantís. Neste caso a biblioteca converterase nun escenario cheo de misterio e emoción coa actividade Escándalo na biblioteca, un xogo de escape room pensado para nenos e nenas a partir de 8 anos.

Durante esta aventura, os/as participantes converteranse en detectives para resolver un estraño caso que sacudiu á Aula Marabilla do colexio Fantasía. O grupo viña á biblioteca para asistir ao espectáculo do Mago X, pero… algo saíu mal. A luz marcha varias veces e, de súpeto, todo está revolto!

Hai un/ha culpable agochado entre as sombras e precisamos de mentes brillantes e valentes dispostas a descubrir a súa identidade. Os nenos e nenas deberán empregar o seu enxeño para resolver enigmas, atopar pistas e superar retos.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os oito anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 9 de setembro ás 16:00 horas. Podedes facelo de maneira presencial o chamando ao 981382173.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.

 

 

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de apertura habitual:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► De lunes a viernes de 9:30-13:30 y 16:00-21:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

 

SALA INFANTIL:

  ► De lunes a viernes 17:00-20:00

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1128