Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > O noso calendario 2026

O noso calendario 2026

Fecha: 
Sábado, 13 de Diciembre de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro creativo para dar vida aos doce meses de 2026

A biblioteca quere despedir o ano con alegría e creatividade, e tamén recibir o próximo con toda a ilusión posible. Por iso organizamos un obradoiro infantil moi especial que terá lugar o sábado 13 de decembro ás 11:00.

Os doce nenos e nenas participantes encargaranse de darlle forma a cada un dos meses do ano. Para iso empregarán obxectos preparados pola biblioteca e outros que terán que crear no momento, nun exercizo divertido de imaxinación e expresión plástica. Ao rematar, faremos unha fotografía de cada representación para montar un calendario de 2026 tan único como o seu equipo creativo.

O resultado final entregarase a cada neno e nena participante e, ademais, estará dispoñible tamén en formato dixital para descargar e compartir. Levaremos así un pequeno recordo para seguir tendo presente á biblioteca durante todo o ano que vén.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os cinco anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reserva praza a partir do martes 9 de decembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
  • Cada neno e nena deberá quedar acompañado/a dunha persoa adulta.

 

 

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de apertura habitual:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► De lunes a viernes de 9:30-13:30 y 16:00-21:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

 

SALA INFANTIL:

  ► De lunes a viernes 17:00-20:00

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1158