Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Empaquetado de libros para agasallo

Empaquetado de libros para agasallo

Jueves, 11 de Diciembre de 2025

Axúdasnos a envolver os libros que os Reis Magos deixarán en Narón?

O Concello iniciou o pasado luns 1 de decembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias vulnerables. A recollida dos xoguetes está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón [1] que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis.

Como sabedes, o noso servizo colabora con esta campaña establecendo a biblioteca coma un dos puntos de entrega dos xoguetes e aportando libros que os nenos e nenas atoparán na súa árbore de Nadal (vós tamén podedes seguir facendo as vosas achegas de libros que estean en perfecto estado).

Para que estes contos cheguen aos fogares ben fermosos precisamos da vosa colaboración. Organizamos un obradoiro de empaquetado para que as persoas maiores de 16 anos que así o desexen poidan participar envolvéndoos para agasallo. A cita será o venres 19 de decembro entre as 10:30 e as 13:00 e entre as 17:00 e as 19:00, intervalos horarios nos que a chegada e a saída é libre. Para participar non é necesaria inscrición previa.

Animádevos a participar e encher de cor a noite de Reis!

 

 

Etiquetas: 
Obradoiros
Nadal
Xoguetes
Centro de recursos solidarios de Narón

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de apertura habitual:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► De lunes a viernes de 9:30-13:30 y 16:00-21:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

 

SALA INFANTIL:

  ► De lunes a viernes 17:00-20:00

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1160

Enlaces
[1] https://www.facebook.com/profile.php?id=100064826283417