Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Viaxe aos soños con Hoffmann

Viaxe aos soños con Hoffmann

Fecha: 
Sábado, 24 de Enero de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade lúdica arredor de Ernest Theodor Amadeus Hoffmann, no 250 aniversario do seu nacemento.

Na Biblioteca Pública Municipal de Narón convidámosvos a mergullarvos no universo máxico e imaxinativo do escritor alemán Ernest Theodor Amadeus Hoffmann, coincidindo coa celebración do 250 aniversario do seu nacemento.

Nesta actividade, dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos, descubriremos quen foi este autor tan singular e achegarémonos a unha das súas historias máis fascinantes. Coñeceremos ao Home de area, un personaxe misterioso que viaxa polas noites deixando un po máxico para axudar a durmir e a soñar.

Tras a narración do conto, realizaremos un pequeno obradoiro creativo no que cada participante poderá elaborar a súa propia bolsiña de soños, inspirada neste personaxe tan especial.

Esta actividade terá lugar o sábado 24 de xaneiro ás 11:00 horas.

Para participar na actividade:

  • É necesario ter cumpridos os 4 anos.
  • Cómpre dispoñer do carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendentes.
  • A reserva de praza poderá realizarse a partir do martes 20 de xaneiro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981 38 21 73, en horario de apertura.

Unha proposta chea de literatura, creatividade e imaxinación… para celebrar a Hoffmann e soñar cos ollos ben abertos.

 

 

 

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de apertura habitual:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► De lunes a viernes de 9:30-13:30 y 16:00-21:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

 

SALA INFANTIL:

  ► De lunes a viernes 17:00-20:00

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1166