Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Refrán vello, xogo novo!

Refrán vello, xogo novo!

Fecha: 
Sábado, 26 de Septiembre de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade para descubrir, xogar e aprender coas palabras e coa sabedoría popular.

Que quere dicir “quen ten un amigo ten un tesouro”? E por que dicimos que alguén “ten un morro que o pisa”? Con Refrán vello, xogo novo, os nenos e nenas achéganse ao mundo dos refráns e das frases feitas dun xeito lúdico e participativo.

A través de xogos, asociacións e pequenos retos, descubrirán expresións da nosa lingua, aprenderán o seu significado e comprobarán que, moitas veces, as palabras poden agochar historias e significados sorprendentes.

A actividade está pensada para fomentar a comprensión e o uso da lingua, ampliar o vocabulario e espertar a curiosidade pola cultura popular e pola tradición oral.

Refrán vello, xogo novo é unha oportunidade para aprender, rir e xogar coas palabras, descubrindo que detrás de cada refrán ou frase feita hai unha pequena historia que contar.

O próximo sábado 26 ás 11:00 h. esperámoste na Biblioteca Municipal de Narón!

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 7 anos feitos e dispoñer do carné da Rede de Bibliotecas de Galicia sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 22 de setembro ás 16:00 h., de maneira presencial ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.

 

 

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1222