Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Escape room: Os misterios da biblioteca

Escape room: Os misterios da biblioteca

Fecha: 
Sábado, 3 de Octubre de 2026
Lugar: 
Axencia de lectura municipal da Gándara

Unha biblioteca chea de misterios, enigmas por resolver e un obxectivo común. Seredes quen de descubrilos?

O sábado 3 de outubro ás 11:00 a Axencia municipal da Gándara (situada na Casa da Mocidade) acollerá unha actividade orientada ao público xuvenil, nenos e nenas entre 8 e 16 anos: Escape room: os misterios da biblioteca.

A biblioteca agocha unha serie de misterios que deberán ser resoltos a través da cooperación e o enxeño. Nesta actividade, os mozos e mozas participantes converteranse en protagonistas dun auténtico escape room no que terán que observar, pensar, compartir ideas e traballar en equipo para superar os retos que se lles presenten.

Esta é unha proposta da compañía Ludus Formación e lecer especialmente pensada para o público xuvenil, na que a colaboración e a capacidade para atopar solucións serán fundamentais para conseguir o obxectivo común.

Para participar neste obradoiro:

  • Os nenos e nenas teñen que ter entre 8 e 16 anos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 29 de setembro ás 16:00 horas. Podedes facelo de maneira presencial ou chamando ao 981382173 durante o horario de apertura.

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.

 

 

 

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1228