Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Exposición de Playmobil: sete mundos en miniatura para descubrir en familia

Exposición de Playmobil: sete mundos en miniatura para descubrir en familia

Jueves, 26 de Noviembre de 2026

A biblioteca acolle este Nadal unha exposición de Playmobil con sete dioramas, actividades familiares e entrada de balde.

maxia dos pequenos detalles chega este Nadal á biblioteca cunha exposición de Playmobil que permitirá viaxar por diferentes épocas, mundos fantásticos e escenarios cheos de historias. A mostra está organizada por Clicks Ferrolterra e a S.R.D. Esteiro, coa colaboración do Concello de Narón, e ofrecerá unha proposta para gozar en familia e descubrir o universo destes coñecidos bonecos.

A exposición reúne sete dioramas que ocupan case 25 metros cadrados, nos que as persoas visitantes poderán contemplar escenas moi diferentes:

  • O ataque viquingo ao Mosteiro do Couto, unha recreación en Playmobil dun lugar emblemático de Narón.
  • O Belén, que achega a tradición e o espírito do Nadal.
  • Adventures of Ayuma, un universo fantástico habitado por fadas e cheo de maxia.
  • A exploración de Marte, unha aventura espacial no planeta vermello.
  • A época vitoriana, cunha ambientación que evoca as súas rúas e construcións.
  • O Oeste, cunha escena que recrea a rodaxe dun western como homenaxe á época dourada deste xénero cinematográfico.
  • O tren de Nadal, que incorpora o encanto das viaxes ferroviarias propias destas datas.

Cada escenario agocha personaxes, construcións e pequenos detalles que merecen unha ollada atenta. Ademais, durante todas as sesións haberá unha das persoas organizadoras e responsables da exposición para acompañar as visitas, explicar as distintas ambientacións e responder ás preguntas, dúbidas e curiosidades do público asistente.

A proposta complétase con actividades para participar en familia, nas que haberá que superar retos relacionados cos diferentes dioramas, observar con atención e buscar respostas en equipo. Tamén se instalará un photocall para que as persoas visitantes poidan levar unha lembranza da súa visita.

Tamén se poderán concertar visitas para colexios, asociacións e outros colectivos en horarios diferentes aos de apertura ao público. Para solicitalas, cómpre chamar ao 634 848 688.

Datas e horarios:

A exposición poderá visitarse de balde nas seguintes datas:

  • 15, 18, 22 e 29 de decembro de 2026 e 8 de xaneiro de 2027: de 17:30 a 19:30 horas.
  • 19 e 26 de decembro de 2026 e 2 e 9 de xaneiro de 2027: de 11:00 a 13:00 horas.

Agardámosvos na biblioteca para descubrir estes sete mundos en miniatura, compartir as vosas impresións e comprobar cantas historias se agochan detrás de cada figura!

 

 

 

Etiquetas: 
Playmobil
Exposicións
Nadal
Actividades familiares
Lecer

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/1259