Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Usuarios/as de honra 2015

Usuarios/as de honra 2015

Lunes, 19 de Enero de 2015

Os nosos Usuarios/as de honra 2015 xunto coas súas familias, o alcalde José Manuel Blanco Suárez e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas María del Carmen Espada Cortizas

O luns 11 de xaneiro conmemorouse en todo o mundo o Día do usuario das bibliotecas. Esta data abre o Calendario do Libro e da Lectura 2015 [1], que coma todos os anos, ven cargado de propostas para celebrar moitos acontecementos relacionados co libro, as bibliotecas, a lectura e a cultura en xeral.

Na biblioteca de Narón quixemos celebrar esta día nomeando, por segundo ano consecutivo, aos nosos usuarios/as de honra, que este ano 2015 son:


Infantil (ata 14 anos):

  • Carlota Felgar Moro
  • Claudia Felgar Moro
  • Aroa García Puentes
  • Agustín González Rodeiro
  • Gael del Río Gómez

Adultos/as (a partir de 14 anos):

  • Mónica Aneiros García
  • Iria Couce Ameneiro
  • Julia Núñez Paredes
  • Antonio Rivero Iglesias
  • Alma Veiga Blanco

Co nomeamento como usuarios/as de honra a estas dez persoas queremos recoñecer a súa participación activa durante 2014 na vida da nosa biblioteca. Son usuarios/as  que durante o ano anterior fixeron uso de maneira habitual dos nosos servizos : levaron  libros en préstamo, participaron nas actividades, utilizaron a sala de lectura e a sala de informática…

O pasado sábado 17 tivemos o pracer de contar coa presenza do alcalde, José Manuel Blanco Suárez e da Concelleira de Ensino e Bibliotecas, María del Carmen Espada Cortizas, para facerlles entrega a estas dez persoas do diploma que os acredita como Usuarios/as de honra 2015.

Na imaxe: Podes ver máis fotografías premendo aquí [2].

Etiquetas: 
2015
Biblioteca de Narón
Usuarios/as de honra

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/220

Enlaces
[1] http://rbgalicia.xunta.es/descargas/1417160145.jpg [2] https://www.flickr.com/photos/108555914@N05/sets/72157649954441929/