Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > III Feira-Mostra do libro usado e de segunda man

III Feira-Mostra do libro usado e de segunda man

Lunes, 23 de Marzo de 2015
Imaxe da edición de 2014
Imaxe da edición de 2014

A terceira edición desta Feira-Mostra terá lugar entre o luns 20 e o venres 24 de abril de 2015. Infórmate para participar como expositor/a - vendedor/a!

En abril de 2013 celebramos por primeira vez a Feira-Mostra do libro usado e de segunda man, que tras o éxito dos anos anteriores celebra en 2015 a súa terceira edición.

Ao igual que en 2013 e 2014, enmarcamos esta actividade en abril, o mes do libro por excelencia, concretamente entre o luns 20 e o venres 24 (ambos incluídos) de 17:00 a 20:00 horas.

Se tes un lote de libros que xa non che fai falta, a biblioteca ofréceche a oportunidade de vendelos ou trocalos, para o que che asignará un posto de venda e troco na planta baixa do edificio. Só haberá dez postos, así que as persoas interesadas deberedes:

  • Solicitar a participación na actividade mediante a presentación dunha  instancia no Rexistro Xeral do concello a partir do sábado 28 de marzo. Os postos outorgaranzse por rigorosa orde de entrada das instancias no rexistro.
  • Expoñer un mínimo de 25 exemplares para a venda ou troco cada día.
  • Cumprir os horarios establecidos para a actividade.
  • Facilitar ao final de cada xornada os datos de vendas e trocos para elaborar a estatística.

Para participar como expositor/a é necesario estar dado/a de alta como usuario/a da Biblioteca e coas cotas actualizadas o día de apertura do prazo de solicitude. Deberán absterse de participar aquelas persoas relacionadas co sector editorial, distribuidor ou libreiro, así como da actividade económica de mercado de compravenda.

Anímate a participar!

Para máis información diríxete ao mostrador da biblioteca ou chama ao 981 382 173.

Etiquetas: 
Feira
Segunda man
Libros
Vendas
Trocos

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/273