Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Mesa de conversa en portugués

Mesa de conversa en portugués

Jueves, 14 de Enero de 2016

Un proxecto experimental para poñer en marcha mesas de conversa

Se queres aumentar o teu coñecemento de portugués e melloralo dunha maneira activa e distendida, aquí tes a túa oportunidade.

Poñemos en marcha un proxecto experimental de Mesa de conversa en lingua portuguesa.

En que consiste?

Unha usuaria voluntaria, nativa de portugués, ofrécese a conversar en sesións dunha hora (a duración pode ampliarse) con aquelas persoas que teñan coñecementos básicos da lingua, para tratar así de adquirir máis soltura e confianza na expresión oral. As conversas terán lugar primeiro nunha lingua e logo noutra (castelán e portugués).

A temática da conversa establecerase de mutuo acordo entre a voluntaria e os/as participantes segundo os seus intereses particulares.

A participación nestas mesas de conversa é libre e gratuita, pero require de inscrición previa, xa que hai un número limitado de prazas.

A primeira xuntanza terá lugar o xoves 28 de xaneiro de 19:00 a 20:00 horas. As datas e o horario das conversas seguintes serán establecidos nesta primeira xuntanza.

Se desexas participar na primeira xuntanza fainos chegar os teus datos: nome e apelidos, idade, número de teléfono e enderezo electrónico. Podes facelo de maneira presencial, chamando ao 981382173 ou escribindo a biblioteca.central@naron.es [1] (especifica no asunto Mesa de conversa portugués).

 

 

Etiquetas: 
Conversa
Linguas
Portugués
Expresión oral

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/397

Enlaces
[1] mailto:biblioteca.central@naron.es