Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Lecturas Olímpicas

Lecturas Olímpicas

Jueves, 4 de Agosto de 2016

Atopa as túas lecturas a través dos deportes

Como xa sabedes, o 5 de agosto inaugúrase en Río de Janeiro a XXXI edición dos Xogos Olímpicos. Na biblioteca tamén queremos tomar o relevo do facho olímpico e convidámosvos a consultar unha mostra bibliográfica inspirada nos deportes.

No taboleiro da entrada da biblioteca atoparedes un esquema que, segundo as vosas preferencias deportivas, guiaravos ata determinadas lecturas. As obras desta mostra están dispostas en 6 mesas na planta baixa e clasificadas por categorías deportivas do seguinte xeito:

 

 

  • Natación: “Verán azul”

Estamos nunha época do ano na que as condicións meteorolóxicas convídannos a facer vida no exterior e gozar da natureza e da nosa contorna.

  • Vela: “… Fun polo vento e vin polo aire…”

Déixate levar polo poder da relaxación, esquece o estrés e procura unha vida tranquila e sosegada. Unha boa maneira de acadar o benestar persoal é non loitar contra os elementos.

  • Triatlón: “Non hai dous sen tres”
  • Pentatlón: “Repóker”

Ás veces non é suficiente un só volume para contar unha historia. Nesta mesa atoparás triloxías e pentaloxías que te engaiolarán ata que coñezas o seu desenlace.

  • Ciclismo: “Todo vai rodado”

Se pensas que non podes coa vida, nesta mesa tes lecturas que farán que o vexas todo dende outra perspectiva. Imos a pola etapa de montaña!

  • Levantamento de peso: “Que a forza che acompañe”

Seguindo un proverbio hindú que di: “A caminata máis longa comeza cun paso”, tamén nós animámosvos con estas obras que de seguro precisan un bo calzado para seren rematadas.

  • Artes marciais: “Sen encaixar os golpes”

O instinto de supervivencia e o afán de superación son características inherentes do ser humano. Aquí atoparedes algúns exemplos que non vos deixarán indiferentes.

  • Tiro con arco: “Onde poño o ollo…”

Afinar a puntería é fundamental cando pretendemos acadar os nosos obxectivos. De seguro que os protagonistas destas novelas negras tamén o fixeron (ou mesmo botáronlle un ollo aos  libros que temos nesta mesa)

  • Equitación: “Coidando a Rocinante”

As nosas familias non están compostas soamente por persoas. Estes libros guiaranche en cuestións relacionadas co coñecemento, trato e coidado das nosas mascotas e dos animais que nos rodean.

  • Deportes de pelota: “Agora a pelota está no teu tellado?”

Traballar en equipo, sentirse parte da sociedade que nos rodea, compartir responsabilidades… Ata que punto participamos? Implicámonos o suficiente? Temos vontade solidaria?

  • Atletismo: “Correndo tanto como Forrest Gump”

O atletismo é un dos deportes máis tradicionáis dos Xogos Olímpicos, e abarca diversas modalidades. Esta é unha mostra bibliográfica multidisciplinar.

  • Ximnasia rítmica e artística: “A arte en todas partes”

A procura da beleza, da estética, da harmonía… Que gusto dá topar con obras que reúnen estas características! De seguro que neste espazo atopades máis de unha.

 

 

Etiquetas: 
Xogos Olímpicos
Mostras bibliográficas

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/444