Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Eu leo, eu son Booktuber (2ª edición)

Eu leo, eu son Booktuber (2ª edición)

Miércoles, 14 de Septiembre de 2016

Novos vídeos para estrear o Día da biblioteca

Como moitos/as saberedes, este ano abrimos unha canle en Youtube [1] para que vos, os nosos usuarios e usuarias, faledes dos vosos libros favoritos e compartades as vosas experiencias lectoras.

Os primeiros vídeos desta canle publicáronse no marco das celebracións do Día do libro, en abril deste ano, e estiveron protagonizados por mozos e mozas da nosa biblioteca.

No mes de outubro tamén hai unha data moi significativa para conmemorar. O luns 24 celébrase o Día mundial das bibliotecas e é por iso que queremos dar novamente voz aos usuarios e usuarias da nosa, ofrecéndovos a posibilidade de participar e protagonizar novos vídeos de reseñas bibliográficas.

A que público vai dirixido?

Esta vez poderán participar persoas de todas as idades de maneira individual ou en grupos de ata 3 persoas.

Que faremos?

Gravaremos pequenos vídeos de entre 4 e 7 minutos de duración.

Cando?

Os vídeos gravaranse na biblioteca o sábado 15 de outubro pola mañá para seren presentados o sábado 29, data no que se concentrarán os actos de celebración do Día da biblioteca.

Cal será a temática dos vídeos?

Podes falar da túa temática literaria favorita, recomendar o libro que máis che gustou, facer unha reseña daquel outro que non che gustou nada, o teu “top-ten” literario…

Para participar:

Ponte en contacto canto antes coa biblioteca para inscribirte na actividade (chama ao 981 382 173 ou escribe a biblioteca.central@naron.es [2]).

Hai un número limitado de prazas, pero recolleremos todas as solicitudes ata o martes 11 de outubro. Se chegado este día hai máis solicitudes que prazas teremos que facer unha selección.

Se queres ver o que será o resultado final desta actividade podes botar un ollo aos seis vídeos que xa temos colgados na canle Eu leo, eu son booktuber [1], protagonizados por usuarios e usuarias da biblioteca. Podes buscar ti mesmo/a máis vídeos de reseñas en Youtube para inspirarte e decidir como o queres facer.

 

 

Etiquetas: 
Youtube
Booktubers
Vídeos
Reseñas
Día da biblioteca 2016

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/448

Enlaces
[1] http://bit.ly/2c1wZ1T [2] mailto:biblioteca.central@naron.es