Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Outubro, mes da biblioteca

Outubro, mes da biblioteca

Lunes, 3 de Octubre de 2016

Coñece todas as actividades deste mes no que conmemoramos o Día mundial da biblioteca

Comezo do Club de Lectura Fácil

Na primeira semana de outubro terá lugar o primeiro encontro do primeiro grupo do Club de Lectura Fácil. Esta actividade está coordinada polo persoal da Asociación Nuestra Señora de Chamorro [1], que a ofrece a todas as persoas que podan estar interesadas.

A lectura fácil é a adaptación de libros, documentos administrativos, páxinas web, etc que permite unha lectura e unha comprensión máis sinxela dun contido, eliminando barreiras para a comprensión, a aprendizaxe e a participación.

Cada grupo deste club reunirase unha vez ao mes para compartir e comentar lecturas validadas como “Lectura Fácil”.

 

Ángeles Alvariño, un ronsel de ardora

O sábado 8 de outubro celébrase o Día da ciencia en Galicia.

Na biblioteca rendémoslle homenaxe a Ángeles Alvariño, oceanógrafa ferrolá, cun contacontos  sobre a súa vida e obra a cargo de Polo correo do vento. O espectáculo leva por título Ángeles Alvariño, un ronsel de ardora, e combina conto con ilustración e música en directo.

O prazo para inscribirse nesta actividade comeza o luns 3 de outubro ás 16:00 horas e pode facerse de maneira presencial ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

 

Eu leo, eu son booktuber  (2ª edición)

O sábado 15 de outubro gravaremos vídeos nos que os usuarios e usuarias da biblioteca falarán das súas experiencias lectoras (libros ou temáticas que máis lles gustan, o seu “top-ten” literario…)

Os vídeos presentaranse o sábado 29 de outubro.

Para participar hai que poñerse en contacto coa biblioteca ata o martes 11 de outubro.

 

Mostra fotográfica A biblioteca está presente

Para salientar o papel das bibliotecas en todos os ámbitos da vida, das artes, da ciencia e da cultura organizamos unha exposición que poderedes visitar na planta baixa da biblioteca dende o luns 17 ata o sábado 29 de outubro.

 

Curso de manexo básico do smartphone

Dirixido principalmente a persoas con dificultades para o manexo das aplicacións básicas (fotos, mensaxería instantánea, correo electrónico…).

Do luns 24 ao venres 29 de outubro na aula de informática da Casa da mocidade.

É imprescindible inscribirse de maneira presencial na Biblioteca do Alto dende o luns 10 de outubro ás 9:30.

8 prazas por rigurosa orde de inscrición.

 

Trocolibros

Se tes libros na casa que xa non che interesan, esta é a túa oportunidade de trocalos por outros. O luns 24 de outubro durante toda a xornada haberá unha mesa disposta para o intercambio de libros na planta baixa.

Todas as persoas que o desexen poderán levar un dos libros da mesa, independentemente de se deixan outro a cambio ou non. O máximo de libros, tanto para donar como para levar, será de un por persoa.

 

Xornada de portas abertas

Visita guiada por todo o edificio da biblioteca para dar a coñecer todos os servizos e os espazos onde se desenvolven. Esta é unha boa opotunidade de visitar os espazos aos que os usuarios/as non tedes acceso.

Luns 24 de outubro en dúas quendas.

   11:00-12:00 para o público adulto

   18:00-19:00 para todas as idades

Para participar é necesario inscribirse a partir do mércores 19 de outubro ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.

 

Biblioteca na rúa

O sábado 29 de outubro será o día grande das celebracións.

Levaremos a biblioteca á Praza de Galicia, para dende alí achegar a toda a cidadanía os servizos que ofrecemos.

Estaremos de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 e contaremos coas seguintes actividades:

   Pola mañá: Contacontos de 11:00 a 12:00

   Pola tarde: Obradoiros de 17:00 a 19:00

Non será necesario inscribirse.

Contamos con todos/as vós para esta xornada!

Etiquetas: 
Día Mundial da Biblioteca
Actividades
Biblioespazo 2016
Booktubers
Obradoiros
Contacontos
Xornada de portas abertas
Biblioteca na rúa

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verano (del 21 de junio al 6 de septiembre):

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/456

Enlaces
[1] http://www.asociacionchamorro.org/