Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Celebramos o Día de Rosalía

Celebramos o Día de Rosalía

Viernes, 17 de Febrero de 2017

Lectura pública de poemas de Rosalía de Castro o venres 24 de febreiro ás 12:00 da mañá

Numerosos concellos, entidades culturais, museos, centros educativos e bibliotecas de toda Galicia celebramos cada 24 de febreiro o Día de Rosalía por ser esta a data do seu nacemento en 1837.

Dende Narón sumámonos á proposta que fai a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega [1] de homenaxear á nosa máis internacional poeta agasallando cun libro e unha flor no día do seu aniversario. Deste xeito, cada persoa que o venres 24 leve en préstamo unha obra en lingua galega recibirá un caravel vermello.

Ás 12:00 da mañá a planta baixa da biblioteca será escenario do acto de lectura pública de poemas de Rosalía no que participarán, entre outros concelleiros, o alcalde José Manuel Blanco e a concelleira de ensino e bibliotecas Mercedes Taibo. O acto está aberto a todas as persoas que queirades participar; para facelo podedes traer os textos escollidos ou ben ler algún dos que a biblioteca selecciona e pon á vosa disposición.

As celebracións oficiais do Día de Rosalía complétanse con outras propostas do Padroado de Cultura e das librerías de Narón que podedes consultar aquí. [2]

 

 

Etiquetas: 
Rosalía de Castro
Día de Rosalía
lectura pública
poemas
Biblioespazo 2017

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de apertura habitual:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► De lunes a viernes de 9:30-13:30 y 16:00-21:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

 

SALA INFANTIL:

  ► De lunes a viernes 17:00-20:00

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/493

Enlaces
[1] http://www.aelg.org/ [2] http://www.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/2101/