Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Día de Rosalía 2018

Día de Rosalía 2018

Viernes, 16 de Febrero de 2018

Coñece os diferentes actos cos que o Concello e a Biblioteca celebramos o Día de Rosalía

Coincidindo coa data de nacemento da poeta, cada ano celebramos en Galicia o Día de Rosalía o 24 de febreiro.

Narón únese aos concellos que conmemoran oficialmente esta data, desenvolvendo unha serie de actos de homenaxe:

Dende o luns 5 de febreiro e ata o luns 5 de marzo o Pazo da Cultura [1] acolle a exposición Airiños aires, Rosalía, do fotógrafo Xurxo Lobato. A mostra pode visitarse de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

 
Na biblioteca conmemoramos esta data:
  • Cunha exposición bibliográfica da obra de Rosalía de Castro. Estará dispoñible na sala de adultos/as e na sala infantil dende o luns 19 ao sábado 24 de febreiro.
  • Cun contacontos infantil o sábado 24 ás 11:00 da mañá. Máis información neste enlace (O lucecú que coñeceu Rosalía [2]).
  • Coa lectura pública da obra de Rosalía, o sábado 24 de febreiro ás 12:00 na planta baixa da sala de adultos/as. A poeta naronesa Ana Belén Varela lerá o manifesto que a Asociación de escritores e escritoras en lingua galega elaborou para esta data. A continuación todas as persoas que o desexen lerán un poema ou fragmento da obra de Rosalía.

Ademáis, na biblioteca agasallaremos cunha flor a todas as persoas que leven en préstamo un libro en galego o venres 23 e o sábado 24.

 

 

 

Etiquetas: 
Día de Rosalía
Rosalía de Castro
Exposicións bibliográficas
Seleccións
lectura pública
Contacontos
Biblioespazo 2018

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/574

Enlaces
[1] https://www.padroadodecultura.es/ [2] http://biblioteca.naron.es/gl/actividades/eventos/o-lucec%C3%BA-que-co%C3%B1eceu-rosal%C3%ADa