Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > VI Feira-mostra do libro usado e de segunda man

VI Feira-mostra do libro usado e de segunda man

Lunes, 26 de Marzo de 2018

Participa nesta actividade que celebra xa a súa sexta edición

En abril de 2013 celebramos por primeira vez a Feira-Mostra do libro usado e de segunda man, que tras o éxito dos anos anteriores celebra en 2018 a súa sexta edición.

Ao igual que nos pasados anos, enmarcamos esta actividade en abril, mes do libro, concretamente entre o luns 23 e o venres 27 (ambos incluídos) de 17:00 a 20:00 horas.

 

Se tes un lote de libros que xa non che fai falta, a biblioteca ofréceche a oportunidade de vendelos ou trocalos, para o que che asignará un posto de venda e troco na planta baixa do edificio. Só haberá dez postos, así que as persoas interesadas deberedes:

  • Solicitar a participación na actividade mediante a presentación dunha  instancia no Rexistro Xeral do concello a partir do luns 2 de abril. Os postos outorgaranzse por rigorosa orde de entrada das instancias no rexistro.
  • Expoñer un mínimo de 25 exemplares cada día.
  • Cumprir os horarios establecidos para a actividade.
  • Facilitar ao final de cada xornada os datos de vendas e trocos para elaborar a estatística.

Para participar como expositor/a é necesario estar dado/a de alta como usuario/a na red de bibliotecas o día da apertura do prazo de solicitude e non ter pendente ningunha sanción. Deberán absterse de participar aquelas persoas relacionadas co sector editorial, distribuidor ou libreiro, así como da actividade económica de mercado de compravenda.

Anímate a participar!

Para máis información diríxete ao mostrador da biblioteca, chama ao 981382173 ou escribe a biblioteca.central@naron.es [1]

 

 

 

Etiquetas: 
Feira-mostra
Día do libro
Compraventa
Biblioespazo 2018

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/582

Enlaces
[1] mailto:biblioteca.central@naron.es