Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Cita a cegas cun libro

Cita a cegas cun libro

Viernes, 8 de Febrero de 2019

Celebra San Valentín deixándote conquistar por unha lectura

Nunca se sabe onde podemos atopar o amor da nosa vida e moitas veces xorde da maneira máis inesperada.

Coa literatura pasa o mesmo que co amor; témonos que deixar de prexuízos, abrir as nosas miras e non xulgar a un libro pola súa portada cando todos e todas sabemos que a beleza está no interior.

Na biblioteca dámosche a oportunidade de namorarte nunha cita a cegas coa literatura.

 
 
A quen vai dirixida esta proposta?

A público adulto, a partir de 16 anos.

Que se pretende?
  • Rachar prexuízos en canto a lecturas.
  • Dar visibilidade a obras que quedan eclipsadas entre novidades comerciais e literatura de moda.
  • Ofrecer a oportunidade de que un autor ou autora descoñecidos che sorprendan.
  • Descubrir o interese por novas disciplinas.
En que consiste a cita a cegas?

Dende o xoves 14 ao sábado 16 de febreiro (ata esgotar os exemplares) haberá unha selección de libros agardando por unha cita contigo.

Os libros estarán envoltos para que non podas ver de que exemplar se trata. No envoltorio levarán unha serie de pistas en forma de etiquetas para que che sexa máis doado decidirte por un ou por outro.

Entre os libros seleccionados haberá unha gran diversidade de autores/as, xéneros, temáticas e formatos.

Escolle un e lévao para a túa casa, amósalle ese espazo no que te sintes cómodo/a para ler, desvísteo e déixate seducir.

Esperamos que consigas o ansiado frechazo literario!

 

 

 

Etiquetas: 
Cita a cegas
Seleccións
San Valentín
Biblioespazo 2019

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/646