Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Unha árbore ven vernos

Unha árbore ven vernos

Fecha: 
Sábado, 23 de Marzo de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para celebrar o Día da árbore

O 21 de marzo é unha data moi sinalada no calendario. Ademáis de celebrarse o Día mundial da síndrome de down, o Día mundial da poesía e a entrada da primavera (este ano non, que chega cun día de adianto), conmemórase en boa parte do mundo o Día da árbore ou Festa da árbore.

Este ano queremos celebrar esta data tamén na biblioteca polo que organizamos unha actividade de que leva por título Unha árbore ven vernos. O seu autor, o contacontos Anxo Moure, describe así este espectáculo:

"Chegan á biblioteca teixos,  freixos, bidueiras, aciñeiras e buxos para contar as súas historias. Con elas aprenderemos a abrazar as árbores, a coidar os bosques, as fragas e os soutos. Hoxe plantamos unha árbore que conte contos".

A actividade vaise desenvolver o sábado 23 de marzo ás 11 h na sala multiusos da planta sótano.

Esta actividade está orientada a nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Os nenos e nenas de 3 anos deberán quedar acompañados/as dunha persoa adulta, a partir de 4 anos é opcional (aínda que recomendable) que quededes.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do luns 18 de marzo ás 16:00 h. Podedes facelo no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/658