Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Os libros máis prestados en 2019

Os libros máis prestados en 2019

Lunes, 23 de Diciembre de 2019

Clasificación das obras máis prestadas na nosa biblioteca durante este ano

Presentámosvos a lista dos libros máis prestados na nosa biblioteca durante este ano 2019.

O primeiro posto está ocupado por Vientos de traición, unha novela sobre a amizade feminina ambientada en Tánxer. É a primeira obra da súa autora, a estadounidense Christine Mangan.

A finais de 2018 publicouse Los señores del tiempo, a terceira entrega da triloxía La ciudad blanca, de Eva García Sáenz de Urturi. Moitas das persoas usuarias da nosa biblioteca leran xa as dúas primeiras entregas e agardaban impacientemente esta terceira, polo que a obra foi a segunda máis prestada durante 2019. Ademáis, a estrea da película baseada no primeiro título da triloxía colocou esta novela (El silencio de la ciudad blanca) no sexto posto da lista e o segundo (Los ritos del agua) no décimo posto.

Outra das sagas de gran éxito entre os nosos lectores e lectoras é La villa de las telas, de Anne Jacobs. A pesar de que este é o primeiro título da serie e que xa están publicadas a segunda e terceira entrega, o libro é o terceiro máis prestado do ano.

No cuarto lugar da lista está Reina Roja, un thriller de Juan Gómez-Jurado publicado tamén a finais de 2018 e protagonizado por Antonia Scott. A novela tivo tal éxito de ventas e de crítica que o seu autor publicou recentemente unha segunda entrega na que podemos seguir as andanzas da súa protagonista. A segunda obra leva por título Loba negra e de seguro estará na lista dos libros máis prestados en 2020.

Por segundo ano consecutivo aparece na nosa clasificación El último regalo de Paulina Hoffmann, de Carmen Romero Dorr. Se ben no pasado ano 2018 ocupaba o terceiro lugar da lista, baixa en 2019 ata o quinto.

O sexto posto é para La isla de las últimas voces, de Mikel Santiago, outra novela do xénero de misterio e intriga que tan boa acollida está tendo nos últimos anos.

Lucinda Riley aparecía na lista dos máis prestados o pasado ano con La historia de Maia, primeiro libro da súa saga Las siete hermanas. Este ano ocupa o posto número oito coa quinta entrega da súa serie: La hermana Luna, la historia de Tiggy.

No noveno posto da lista atopamos La isla de la memoria, de Karen Viggers, unha novela intimista cuxa protagonista afronta os derradeiros días da súa vida na illa onde pasou case toda a súa existencia.

Esperamos que esta lista vos sirva de inspiración para elexir as vosas vindeiras lecturas!

 

 

Etiquetas: 
Máis prestados
Seleccións
2019

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/718