Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Lectura e estudo en sala na Fase 3

Lectura e estudo en sala na Fase 3

Viernes, 5 de Junio de 2020

Condicións para o restablecemento do servizo de lectura e estudo en sala

A partir do luns 8 de xuño poderedes volver a utilizar a biblioteca como sala de estudo.

Ao igual que estamos facendo xa neste momento co servizo de préstamo e coa sala de informática, para poder prestar este servizo coa máxima seguridade para as persoas usuarias establécense unha serie de obrigas e recomendacións:

► É obrigatorio desinfectar as mans antes de entrar na sala. Para iso facilitaremos unha solución hidroalcólica na entrada da biblioteca.

► Por favor, permanece sempre co cubrebocas posto. 

► É recomendable non levar enriba máis que o indispensable (non pasar con bolsas da compra, con xoguetes, paraugas…).

► Todas as persoas deberán gardar a distancia de metro e medio de separación entre elas. O persoal asignará os postos de lectura de xeito que se garantice esta separación. Ademáis establécese un circuito de entrada, circulación e saída da sala para evitar cruzamentos con outras persoas. É obrigatorio respectar o sentido de circulación do circuito.

► Os usuarios/as do servizo só poderán facer uso da mesa e da cadeira que se lles asignen. Se precisan acceder a calquera outro material da sala deberán solicitalo ao persoal.

 

O procedemento para a utilización da sala de lectura será o seguinte:

  • Cada persoa deberá solicitar un posto de lectura á traballadora que se atopa na porta principal, que lle entregará unha tarxeta co número do posto que se lle asigna. A tarxeta deberá colocarse nun lugar ben visible durante a súa utilización.
  • Unha vez finalizada a súa sesión os usuarios/as  deberán devolver a tarxeta ao mostrador central.

 

Coma sempre, serán deberes das persoas usuarias:

  • Contribuír ao coidado e conservación das instalacións e equipos.
  • Facilitar a actividade de supervisión.
  • Respectar as indicacións que reciban do persoal respecto ao funcionamento da sala.
  • Contribuír ao mantemento da orde na sala.
  • Non fumar ni consumir ningún tipo de alimento ou bebida, así como non facer uso de teléfonos móbiles.

 

IMPORTANTE: 

Para poder garantir as medidas hixiénicas previstas na Orde SND/458/2020, de 30 de maio, o uso dos aseos só poderá facerse previa solicitude ao persoal.

O uso de mamparas e cubrebocas oblíganos a elevar o ton de voz para a interacción coas persoas que veñen facer uso doutros servizos. Isto implica que o silencio habitual da sala vaise ver afectado.

 

 

 

Etiquetas: 
Sala de lectura
Estudo

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verano (del 21 de junio al 6 de septiembre):

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/750