Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Retomamos as nosas actividades permanentes

Retomamos as nosas actividades permanentes

Viernes, 25 de Septiembre de 2020

Damos comezo á nova tempada de actividades para adultos/as.

Ademáis de incorporar a novidade 2020 (Club de lectura feminista), neste mes de outubro retomamos as tres actividades permanentes que a biblioteca ofrece ao público adulto:

 

 

Club de lectura:

Seguirémonos reunindo un martes ao mes para comentar lecturas comúns.

O luns 28 de setembro ás 09:30 horas abrimos o prazo de inscrición nesta actividade, na que ofertamos 12 prazas que se outorgarán por orde de inscrición. A inscrición pode facerse de maneira presencial ou telefónica chamando ao 981382173 en horario de apertura.

A partir do mesmo día no que se abre o prazo de inscrición as persoas que acaden praza poden levar a primeira das lecturas, que se comentará na xuntanza de outubro (martes 20 de outubro de 19:00 a 20:30 h).

 

Clases de español para persoas estranxeiras:

Dende  marzo de 2019 a Biblioteca imparte, dentro do seu Programa Biblioespazo, clases de español para persoas estranxeiras.

As clases impártense na sala multiusos da segunda planta da biblioteca, todos os xoves de 19:30 a 21:00 horas.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse a partir do luns 28 de setembro ás 09:30 horas. Haberá un total de 10 prazas dispoñibles que se outorgarán por rigurosa orde de inscrición. O resto das persoas inscritas quedarán en lista de espera. A inscrición pode facerse de maneira presencial ou telefónica chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 
Para favorecer a participación das persoas máis desfavorecidas non se esixirán datos sobre a súa situación legal.

 

Mesas de conversa en inglés:

Actividade que prestamos dende outubro de 2017 e que ten como finalidade mellorar o nivel de expresión oral en inglés.

Todos os luns en dúas sesións:

  • 17:15 a 18:15
  • 18:15 a 19:15

A participación é libre e de balde. Non son cursos, senón sesións soltas para as que cada persoa ten que reservar a súa praza cada vez que queira participar. Abrimos a lista de inscrición para cada luns o mércores anterior ás 9:30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse de maneira presencial ou telefónica en horario de apertura da biblioteca.

O mércores 30 de setembro abrimos o prazo de inscrición para as primeiras sesións deste trimestre (as do luns 5 de outubro).

 

Medidas de seguridade:

As persoas participantes nestas actividades deben desinfectar as mans con solución hidroalcólica  e permanecer todo o tempo coa máscara posta.

A biblioteca disporá o espazo de cada sala para que sempre exista distancia de seguridade de metro e medio entre persoas e organizará de maneira segura a entrada e saída dos/as participantes.

 

 

 

Etiquetas: 
Biblioespazo 2020
Club de lectura
Mesas de conversa
Clases de español

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de invierno:

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Lunes a viernes de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Lunes a viernes de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/756