Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Campaña de recollida de libros e obradoiro de empaquetado

Campaña de recollida de libros e obradoiro de empaquetado

Miércoles, 1 de Diciembre de 2021

A biblioteca colabora na campaña de recollida de xoguetes para o Centro de recursos solidarios de Narón e organiza a campaña de recollida de libros con obradoiros de empaquetado creativo.

O Concello ten en marcha ata o luns 27 de decembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias con escasos recursos. A recollida está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis. A biblioteca é un dos puntos de entrega de xoguetes usados.

Máis información neste enlace. [1]

Paralelamente a Biblioteca de Narón organiza unha campaña de recollida de libros para que, ademais dos xoguetes, os nenos e nenas de Narón atopen na súa árbore de Nadal un conto infantil adaptado á súa idade.

Os libros poden entregarse entre o xoves 2 e o sábado 18 de decembro na Biblioteca central do Alto de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 e sábados de 10:00 a 13:00. 

Os contos donados, que deberán estar en perfecto estado e sen marcas, serán clasificados por idades polo persoal da biblioteca. O servizo organiza un obradoiro de empaquetado creativo para que as persoas maiores de 16 anos que así o desexen poidan participar envolvendo para agasallo estes contos. Este ano organizamos o obradoiro en dúas quendas:

  1) o luns 20 de decembro de 10:30 a 13:00.

  2) o martes 21 de decembro de 16:30 a 19:00.

Nestes intervalos horarios a chegada e a saída é libre. Para participar non é necesaria inscrición previa.

 

 

 

Etiquetas: 
Campaña recollida libros
Campaña recollida xoguetes
Nadal
Obradoiros
Biblioespazo 2021

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verano (del 21 de junio al 6 de septiembre):

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/809

Enlaces
[1] http://www.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/4752/