Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Cita a cegas 2022

Cita a cegas 2022

Lunes, 7 de Febrero de 2022
Cita a cegas 2022
Cita a cegas 2022

Celebra San Valentín deixándote conquistar por unha lectura

 

Nunca se sabe onde podemos atopar o amor da nosa vida e moitas veces xorde da maneira máis inesperada.

Coa literatura pasa o mesmo que co amor; témonos que deixar de prexuízos, abrir as nosas miras e non xulgar a un libro pola súa portada cando todos e todas sabemos que a beleza está no interior.

Na biblioteca dámosche a oportunidade de namorarte nunha cita a cegas coa literatura.

 

A quen vai dirixida esta proposta?

A público adulto, a partir de 14 anos.

 

Que se pretende?

• Rachar prexuízos en canto a lecturas.

• Dar visibilidade a obras que quedan eclipsadas entre novidades comerciais e literatura de moda.

• Ofrecer a oportunidade de que un autor ou autora descoñecidos che sorprendan.

• Descubrir o interese por novas disciplinas.

 

En que consiste a cita a cegas?

Dende o xoves 10 ao luns 14 de febreiro (ata esgotar os exemplares) haberá unha selección de libros agardando por unha cita contigo.

Os libros estarán envoltos para que non poidas ver de que exemplar se trata. No envoltorio levarán unha serie de pistas en forma de etiquetas para que che sexa máis doado decidirte por un ou por outro.

Entre os libros seleccionados haberá unha gran diversidade de autores/as, xéneros, temáticas e formatos.

Escolle un e lévao para a túa casa, amósalle ese espazo no que te sintes cómodo/a para ler, desvísteo e déixate seducir.

 

Esperamos que consigas o ansiado frechazo literario!

 

NOTAS:

A Axencia de lectura da Gándara ofrecerá tamén esta proposta o xoves 10, venres 11 e luns 14 de febreiro no seu horario de apertura (de 17:00 a 19:00 horas). Lembra que co teu carné da Rede de bibliotecas podes facer uso tamén deste dispositivo.

 

 

Etiquetas: 
Cita a cegas
Seleccións
Recomendacións
Biblioespazo 2022

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verano (del 21 de junio al 6 de septiembre):

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/821