Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Día de Rosalía 2023 - Lectura pública da súa obra

Día de Rosalía 2023 - Lectura pública da súa obra

Fecha: 
Sábado, 25 de Febrero de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Lectura pública de textos de Rosalía de Castro o sábado 25 de febreiro ás 12:00 h.

Numerosos concellos, entidades culturais, museos, centros educativos e bibliotecas de toda Galicia celebramos cada 23 de febreiro o Día de Rosalía por ser esta a data do seu nacemento en 1837.

Dende Narón sumámonos á proposta que fai a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega [1] de homenaxear á nosa máis internacional poeta agasallando cunha unha flor no día do seu aniversario. Deste xeito, cada persoa que o xoves 23 leve en préstamo unha obra en lingua galega en calquera dos tres dispositivos bibliotecarios municipais recibirá de agasallo un caravel vermello.

A esta proposta únense oito librerías do noso concello, que tamén agasallarán cun caravel ás persoas que merquen un libro en galego no Día de Rosalía. As librerías colaboradoras son Librería Day, Librería Nova, Librería Contos, Librería Nany, Librería Merche, Librería Albatros, Librería Fina e Librería Pasapáxina.

Lectura pública da obra de Rosalía de Castro.

Nas dúas anteriores edicións desta efeméride adaptamos o acto de lectura pública ás condicións sanitarias derivadas da COVID19. Numerosas persoas uníronse á proposta enviando vídeos da súa lectura para seren publicados nun vídeo homenaxe conxunto que podedes ver aquí:

Día de Rosalía 2021. [2]

Día de Rosalía 2022. [3]

Este ano retomamos o carácter presencial da homenaxe. O sábado 25 de febreiro ás 12:00 da mañá a planta baixa da biblioteca será escenario do acto de lectura pública de textos de Rosalía de Castro no que participarán a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de cultura, Olga Ameneiro.

A Asociación de escritores e escritoras en lingua galega escolleu este ano a Carme Adán para a redacción do Manifesto do Día de Rosalía, texto que será lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen á celebración desta data. A encargada de dar lectura a este fermoso texto na biblioteca será a mestra Julia Rodríguez Márquez, nomeada como Muller do ano en Narón en 2020.

O acto está aberto a todas as persoas que queirades participar. Para facelo podedes traer os textos escollidos ou ben ler algún dos que a biblioteca selecciona e pon á vosa disposición.

 

 

 

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verano (del 21 de junio al 6 de septiembre):

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/908

Enlaces
[1] https://www.aelg.gal/ [2] https://www.youtube.com/watch?v=8jgz0cQJvdU&t=1s [3] https://www.youtube.com/watch?v=6tnRtqB4Fy4