Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Préstamos sorpresa 2023

Préstamos sorpresa 2023

Jueves, 21 de Diciembre de 2023

Novos lotes de contos, DVDs, CDs e máis documentos para levar en préstamo a cegas durante este Nadal.

A nosa proposta estrela de cada Nadal cumpre este ano unha década. Presentámosvos a décima edición dos Préstamos de lotes sorpresa durante o Nadal.

Que é?

Trátase dunha actividade para nenos e nenas aventureiros/as aos que non lles asusten os novos retos.

Na biblioteca temos preparados distintos lotes con documentos (libros, CDs, DVDs…) especialmente seleccionados pola súa calidade estética ou literaria. Os lotes están clasificados por idades, aínda que xa sabedes que o da idade é máis ben orientativo.

En que consiste a actividade?

Cada vez que un neno ou nena veña á biblioteca para levar libros á casa poderá elexir a cegas un número de lote do que descoñece o contido. O reto é que non abra o paquete ata chegar á casa. Dentro atopará unha serie de contos, libros didácticos, películas, músicas… (o contido varía en cada lote) seleccionados polo persoal da biblioteca.

Xa sabemos que nalgúns casos pode que o que seleccionamos non coincida moito cos seus gustos, pero sempre pode facer un pequeno esforzo para abrir a mente a novas experiencias e temáticas que ao mellor ata o de agora nunca explorou.

Que lle pedimos a cambio?
  • O compromiso de non abrir o paquete ata chagar á casa.
  • O esforzo de botarlle un ollo a todos os materiais aínda que pense que non lle van gustar.
  • Que nos escriba unha nota e indique nela se os materiais que seleccionamos lle gustaron ou non. Sen medo! Aceptamos todo tipo de críticas!
Participas?

Esperámoste na sección infantil da biblioteca dende o venres 22 de decembro ata o venres 5 de xaneiro no noso horario de apertura habitual.

A Axencia de lectura municipal da Gándara participa unha vez máis desta iniciativa, polo que podedes levar lotes sorpresa en préstamo nas mesmas datas no seu horario (luns a venres de 17:00 a 19:00 horas).

 

 

Etiquetas: 
Préstamos sorpresa
Nadal
Biblioespazo 2023

Síguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verano (del 21 de junio al 6 de septiembre):

 

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Mañanas: de martes a viernes de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: lunes y miércoles de 18:00 a 21:00.

 

LA ATENCIÓN AL PÚBLICO Y LA SALA DE INFORMÁTICA SE SUSPENDEN 15 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE CIERRE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imágenes

Ver más imágenes

Ayuntamiento de Narón

Este es un portal web del Ayuntamiento de Narón, que cumple las normas de accesibilidad en su estándar WAI-A. Se trata de un servicio público digital para facilitar la interacción con nuestra Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidad
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidad
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/es/node/985