Estás como unha cabra
O sábado 18 de abril ás 11:00 h recibimos á compañía Lalá Teatro cun espectáculo dirixido a bebés de 6 a 36 meses no que as emocións, a música e os estímulos sensoriais serán protagonistas.

O sábado 18 de abril ás 11:00 h a biblioteca converterase nun espazo cheo de emocións, cores e descubrimentos coa visita da compañía Lalá Teatro, que presentará o espectáculo para bebés de 6 a 36 meses titulado Estás como unha cabra.
A protagonista desta proposta é a Cabra Chiña, que hoxe está algo rara… que lle pasará? Parece que ten un pequeno lío coas emocións, e entre todas as persoas asistentes axudarémola a recoñecelas e poñelas en orde. Ao longo da sesión, exploraranse sentimentos como a alegría, a tristura ou o medo, e descubriranse tamén aquelas cousas que nos axudan a calmarnos e sentirnos mellor.
Será unha experiencia para gozar en familia e achegar aos e ás bebés ao mundo das emocións desde os primeiros meses de vida.
Para participar:
- Os/as bebés teñen que ter entre 6 e 36 meses e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- Será necesario reservar praza a partir do martes 14 de abril ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173.






Añadir comentario