Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Día de Rosalía 2024 -Lectura pública da súa obra

Día de Rosalía 2024 -Lectura pública da súa obra

venres, 9 de Febreiro de 2024

Lectura pública de textos de Rosalía de Castro o sábado 24 de febreiro ás 11:00.

Numerosos concellos, entidades culturais, museos, centros educativos e bibliotecas de toda Galicia celebramos cada 23 de febreiro o Día de Rosalía por ser esta a data do seu nacemento en 1837.

Dende Narón sumámonos á proposta que fai a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega de homenaxear á nosa máis internacional poeta organizando un acto no que leremos públicamente a súa obra.

Lectura pública da obra de Rosalía

O ano pasado retomamos o carácter presencial desta homenaxe logo de celebrala de maneira virtual en 2021 e 2022 por mor das restriccións derivadas da Covid-19.

Este sábado 24 de febreiro ás 11:00 da mañá a planta baixa da biblioteca será novamente escenario do acto de lectura pública de textos de Rosalía de Castro no que participarán a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de bibliotecas, Olga Ameneiro.

A Asociación de escritores e escritoras en lingua galega escolleu este ano a Carlos Callón para a  redacción do Manifesto do Día de Rosalía, texto que será lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen á celebración desta data. A encargada de ler este fermoso texto na biblioteca será a escritora naronesa Sara González Veiga.

O acto está aberto a todas as persoas que queirades participar. Para facelo podedes traer os textos escollidos ou ben ler algún dos que a biblioteca selecciona e pon á vosa disposición.

Etiquetas: 
Rosalía de Castro
lectura pública
Homenaxes
Biblioespazo 2024

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/d%C3%ADa-de-rosal%C3%ADa-2024-lectura-p%C3%BAblica-da-s%C3%BAa-obra