Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Exposición fotográfica "Anacos"

Exposición fotográfica "Anacos"

xoves, 29 de Febreiro de 2024

Descobre a beleza dos espacios naturais a través da lente de Fernando González Pérez

Dende o luns 4 de marzo e ata o sábado 6 de abril a sala de exposicións da planta soto acolle a mostra fotográfica Anacos, unha colección de imaxes de Fernando González Pérez, apaixoado fotógrafo aficionado cuxo talento foi recoñecido en diferentes concursos.

Nado na Estrada e actualmente residente en Valdoviño, Fernando González Pérez forxou o seu camiño no mundo da fotografía a través da realización de diversos cursos, do estudo de maneira particular de numerosos libros de fotografía e da exploración de tutoriais en liña, todo co obxectivo de perfeccionar a súa arte. Este esforzo non pasou desapercibido, xa que foi galardoado co primeiro premio no "Concurso de Fotografía 2023 do Concello de A Capela", así como no "Primeiro Memorial de Fotografía de Carlos Caraglia", onde compartiu recoñecemento con renomeados fotógrafos internacionais.

González Pérez é ademáis membro activo do Club de Fotografía Ferrolterra, onde comparte a súa paixón con outros/as entusiastas.

A exposición que agora nos ofrece conta con arredor de 25 fotografías impresas en tamaños que van dende os 45x30 ata os 50x25 cm. Baixo o título Anacos estas imaxes aportan unha mirada persoal de diferentes espazos naturais.

O horario de vista da exposición é:

  • Luns a venres: de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados: de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

Etiquetas: 
Fotografía
Exposicións
Arte
Biblioespazo 2024

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de apertura habitual

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30-13:30 e 16:00-21:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00-20:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/exposici%C3%B3n-fotogr%C3%A1fica-anacos