Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación do libro "Poesía para el camino"

Presentación do libro "Poesía para el camino"

xoves, 14 de Marzo de 2024

Gabriela Berini presenta o seu primeiro poemario na biblioteca

A biblioteca organiza novamente un evento literario o venres 22 de marzo ás 18:30. Trátase da presentación do libro Poesía para el camino, primeiro poemario de Gabriela Berini, veciña de Narón.

Gabriela Berini é tradutora e correctora de textos, mais tamén incursiona na escrita de relatos, novelas de ficción e poesía. Naceu en Ferrol a finais dos oitenta, é veciña de Narón e decidiuse a publicar algunhas das súas poesías máis persoais que ela mesma define coma froito da catarse do seu proceso de terapia psicolóxica.

Poesía para el camino, publicado por Editorial Talón de Aquiles en maio de 2023, descríbese como a folla de ruta dun traxecto que aínda non rematou, intentando atopar nas palabras un compás que dera sentido aos camiños da vida, que non son o que se espera deles, senón o que cada quen precisa.

A presentación do libro contará coa presenza da ferrolá Blanca Rodríguez, tradutora literaria con máis de 20 anos de experienciae autora de literatura infantil e xénero fantástico. Rodríguez é ademais coordinadora dos clubes de lectura da nosa biblioteca, o que engade un toque máis especial a este evento.

O acto está aberto a toda a cidadanía ata completar o aforo dispoñible da sala. As persoas asistentes terán a oportunidade de sumerxirse no mundo íntimo das palabras de Gabriela Berini e, se así o desexan, de adquirir un exemplar da obra ao finalizar o acto.

 

 

 

Etiquetas: 
Encontros con autores/as
Presentacións de libros
Poesía
Biblioespazo 2024

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-do-libro-poes%C3%ADa-para-el-camino