Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación de "De entre as tebras", de Alex Pernas

Presentación de "De entre as tebras", de Alex Pernas

venres, 22 de Marzo de 2024

O escritor coruñés presenta na biblioteca o seu terceiro libro.

O vindeiro martes 2 de abril ás 19:00 horas a biblioteca acolle un novo evento literario, a presentación da terceira obra do coruñés Alex Pernas: De entre as tebras, un libro de relatos no que, camiñando da man dos seres e lugares da mitoloxía galega, amosa o máis escuro da condición humana nuns textos nos que nada é o que semella.

O libro está composto de 19 relatos centrados, cada un deles, nun ser, lugar, ou obxecto da mitoloxía galega. Cada un dos relatos está ambientado nun lugar diferente da nosa xeografía, percorrendo dende aldeas illadas nos Ancares ata cidades coma Compostela, dende o mar de Viveiro e Muxía ata as terras de Chantada ou Valdeorras, unindo o mundo urbano co rural e o interior coa costa.

A temática dos textos é tamén variada, neles podemos atopar as vivencias de mulleres de comezos do século XX; noutros podemos ver a vellez dun home durante os anos 60 do mesmo século ou a adolescencia de diferentes xeracións, coma boomers, millenials, ou zetas. Nestes relatos están tratadas tamén diferentes problemáticas sociais coma o acoso escolar, a gordofobia, o estigma das enfermidades mentais ou o machismo.

Alex Pernas, nado na Coruña no ano 1986, desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software. Como autor literario publicou en 2018 a novela de ficción social Xarfas, e en 2022 o libro de relatos A Paga, publicado anteriormente coma folletín no xornal dixital adiante.gal entre os anos 2018 e 2021. Ademais formou parte de varias formacións musicais coma TST, Ad Intra, Os Relámpagos de Nós e Oymyakon (na que se atopa na actualidade).

De entre as tebras foi autoeditado polo autor en setembro de 2023. Tras finalizar o acto as persoas que así o desexen poderán adquirir un exemplar.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autores/as
Biblioespazo 2024

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-de-de-entre-tebras-de-alex-pernas