Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación do libro "Sin prueba aparente"

Presentación do libro "Sin prueba aparente"

luns, 20 de Maio de 2024

Este xoves 23 de maio ás 18:30

O escritor Juan José Lada Vilariño presenta a súa nova obra, Sin prueba aparente, este xoves 23 de maio ás 18:30 na sala multiúsos da planta soto.

Juan José Lada, nado en Bélxica de pai asturiano e nai galega, publicou anteriormente as obras El Tesoro de Artabria (2020), Las Minas de Santa Comba (2021) e El Oro de Himmler (2022), todas elas presentadas na nosa biblioteca.

O libro que agora nos presenta, Sin prueba aparente (2024), é unha apaixoante novela na que Tomás, un Garda civil retirado, repasa os tres casos que marcaron a súa carreira:

  1. Os Substitutos: Unha serie de asasinatos en diferentes escenarios de Galicia que desafían á investigación.
  2. Quen rouba a un ladrón: O roubo a Amadeo Ortegal, un poderoso empresario textil con conexión no mundo do narcotráfico.
  3. Morte no embarcadoiro: Unha gala de graduación que remata en traxedia co asasinato dun alumno.

Para este acto de presentación o autor estará acompañado da tamén escritora María Isabel Ramos Breijo, quen nos ofrecerá a súa perspectiva e comentarios sobre a obra.

O acto está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala. Tras a súa finalización todas as persoas que así o desexen poderán adquirir un exemplar.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións
Encontros con autores/as

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de apertura habitual

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30-13:30 e 16:00-21:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00-20:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-do-libro-sin-prueba-aparente