Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > As lendas de San Xoán

As lendas de San Xoán

Data: 
sábado, 15 de Xuño de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro infantil con motivo do día de San Xoán

A noite de San Xoán marca o solsticio de verán e celébrase con diversos rituais e tradicións que simbolizan a purificación e a renovación. Entre as actividades máis comúns destacan as fogueiras ou luminarias, que se saltan para traer boa sorte, e os rituais coa auga e as herbas, aos que se atribúen propiedades curativas e máxicas.

Para que os nenos e nenas aprendan sobre estas tradicións organizamos un obradoiro no que coñeceremos o nome das sete herbas máxicas e as súas propiedades, mergullarémonos nalgunha das lendas asociadas a este día e elaboraremos entre todos e todas unha luminaria (de cartulina) que saltaremos recitando algunhas das frases tradicionais.

A actividade terá lugar o sábado 15 de xuño ás 11:00 e para participar:

  • Os nenos e nenas deben ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 11 de xuño ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/lendas-de-san-xo%C3%A1n