Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Retomamos as actividades permanentes para persoas adultas

Retomamos as actividades permanentes para persoas adultas

mércores, 4 de Setembro de 2024

Damos comezo á tempada 2024-2025 de actividades para adultos/as.

Tras o breve parón do verán neste mes de outubro retomamos tres actividades permanentes que a biblioteca ofrece ao público adulto:

 

Club de lectura feminista:

Xuntámonos unha vez ao mes para coñecer, reflexionar e compartir sobre diferentes temas e cuestións desde unha perspectiva feminista a través da lectura de diferentes autoras. As sesións celébranse sempre en xoves de 18:00 a 19:30 h.

Dende o luns 9 ata o mércores 11 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.

O luns 16 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:

  • Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
  • Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá no que poderán estar presentes todas as persoas preinscritas. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.

As persoas que obteñan praza nesta actividade serán informadas das lecturas para o primeiro trimestre.

 As datas para as xuntanzas no primeiro trimestre serán:

  • Xoves 17 de outubro.
  • Xoves 14 de novembro.
  • Xoves 12 de decembro.

 

Club de lectura xeral:

Seguirémonos reunindo un martes ao mes de 19:00 a 20:30 horas para comentar lecturas comúns.

Dende o luns 9 ata o mércores 11 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.

O luns 16 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:

  • Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
  • Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá no que poderán estar presentes todas as persoas preinscritas. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.

As persoas que obteñan praza poderán levar en préstamo a primeira das lecturas do trimestre, que estará dispoñible na biblioteca o luns 16 de setembro.

As datas para as xuntanzas no primeiro trimestre serán:

  • Martes 15 de outubro.
  • Martes 12 de novembro.
  • Martes 10 de decembro.

 

Mesas de conversa en inglés:

Actividade que prestamos dende outubro de 2017 e que ten como finalidade mellorar o nivel de expresión oral en inglés.

Todos os luns en dúas sesións:

  • 17:00 a 18:00.
  • 18:00 a 19:00.

A participación é libre e de balde. Non son cursos, senón sesións soltas para as que cada persoa ten que reservar a súa praza cada vez que queira participar. Abrimos a lista de inscrición para cada luns o mércores anterior ás 9:30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse de maneira presencial ou telefónica en horario de apertura da biblioteca.

O mércores 2 de outubro ás 9:30 abrimos o prazo de inscrición para as primeiras sesións deste trimestre (as do luns 7 de outubro).

 

 

Etiquetas: 
Club de lectura xeral
Club de lectura feminista
Mesas de conversa en inglés
Actividades para público adulto

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/retomamos-actividades-permanentes-para-persoas-adultas-0