Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Libros de pel auténtica

Libros de pel auténtica

luns, 14 de Outubro de 2024

Historias vivas que non atoparás nos libros tradicionais.

O mércores 23 de outubro, convidámosvos a participar en Libros de pel auténtica, unha actividade inspirada no concepto de Biblioteca Humana. Nesta iniciativa, terás a oportunidade de “ler” persoas en lugar de libros tradicionais, conversando directamente con individuos que comparten as súas historias e vivencias.

Contaremos con tres persoas-libro, cuxas vidas están marcadas por estereotipos e estigmas que persisten na sociedade. O obxectivo é derrubar prexuízos a través do diálogo. O catálogo de “libros” para esta ocasión incluirá:

  • ¿Por qué lo llamas sexo cuando quiero decir amor? : descubrir la sexualidad en el franquismo y vivencia LGTB en tiempos revueltos, por Juan Luis Recio. A experiencia dun home homosexual que viviu diferentes etapas históricas dos movementos do colectivo. Coa colaboración de Alas A Coruña. [1]
  • El reflejo de Thalía : historia de una mujer gitana, por Thalía Romero Romero. A experiencia dunha moza xitana que racha cos estereotipos desta comunidade. Coa colaboración de Acción Familiar Ferrol. [2]
  • Sin prejuicios : una joven musulmana en un mundo diverso, por Hiba Diboun. A experiencia dunha moza inmigrante marroquí musulmana, atleta no Club Atletismo Narón.

Cada unha destas persoas-libro compartirá a súa historia, permitindo aos usuarios e usuarias participantes explorar novas perspectivas e desafiar os estigmas sociais. A Biblioteca Humana promove a empatía e o entendemento, creando espazos para un diálogo aberto e honesto. A través destas conversas, reflexionarás sobre temas de identidade, diversidade e inclusión.

Para “ler” algún destes libros, reserva a túa praza a partir do xoves 17 de outubro ás 9:30 (presencialmente ou chamando ao 981382173). Poderás elixir a túa quenda dentro dos seguintes horarios:

  • De 17:00 a 17:30.
  • De 17:45 a 18:15.
  • De 18:30 a 19:00.

Non perdas a oportunidade de vivir esta experiencia única!

 

 

Etiquetas: 
Conversas
Estereotipos
Prexuizos
Día internacional das bibliotecas

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/libros-de-pel-aut%C3%A9ntica

Ligazóns
[1] https://alasacoruna.org/ [2] https://www.afaferrol.org/es/