Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Coñecendo o Concello de Narón

Coñecendo o Concello de Narón

Data: 
venres, 22 de Novembro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Proposta lúdica para nenos e nenas de 5 a 7 anos

O vindeiro venres 22 de novembro ás 18:00 a biblioteca celebra o Día de Narón cun obradoiro moi especial para nenos e nenas de 5 a 7 anos.

Coñecendo o Concello de Narón é unha proposta lúdica e educativa que lles permitirá coñecer mellor o noso concello e familiarizarse cos seus servizos e o seu patrimonio, ao tempo que fomenta os hábitos cívicos nos espazos públicos.

Da man da Abella Nara veremos que é un concello e cales son as características do noso. Ademais os nenos e nenas terán a oportunidade de reforzar os coñecementos a través de dous xogos interactivos.

Para rematar o obradoiro crearán un títere da Abella Nara, a nosa mascota especial, e poderán facer unha foto de recordo no photocall.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 19 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/co%C3%B1ecendo-o-concello-de-nar%C3%B3n