Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Un rapaz de aldea

Un rapaz de aldea

Data: 
sábado, 30 de Novembro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo de narración oral para público infantil e familiar

Este sábado 30 de novembro ás 11:00, convidámosvos a revivir na biblioteca a historia de Memorias dun neno labrego da man de Caxoto Contacontos ! Nun divertido percorrido pola súa propia infancia na aldea dos anos 90, Caxoto mestura as súas lembranzas coas de Balbino, o protagonista da obra de Neira Vilas, nunha viaxe pola vida dos nenos e nenas de aldea de onte e de hoxe. Será un espectáculo inesquecible para descubrir, rir e aprender sobre a Galicia rural a través da narración oral.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 26 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/un-rapaz-de-aldea