Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación de "Terpeno", de Emilio Tresgallo

Presentación de "Terpeno", de Emilio Tresgallo

xoves, 5 de Decembro de 2024

A nova obra do veciño de Narón preséntase na biblioteca municipal

O mércores 11 de decembro ás 18:30 Emilio Tresgallo presenta na nosa sala multiusos da planta soto a súa primeira novela: Terpeno.

Emilio Tresgallo naceu na localidade cántabra de Cuchía (concello de Miengo) e reside dende hai anos no noso concello. É Doutor en Pedagoxía e colabora coa Universidade Internacional de Valencia como director de traballos de fin de máster.

Tresgallo orientou a súa carreira profesional á investigación sobre o acoso escolar. Neste ámbito en creador do proxecto Tresgallo-Bullyin-Cero, que conta coa súa propia canle en Youtube. [1]

Terpeno é a primeira obra de ficción do escritor. Trátase dunha novela ambientada na súa localidade natal e cuxo argumento o autor describe deste xeito: Terpeno é un canto á amizade verdadeira e inquebrantable, á familia que sempre está presente para coidar, mimar, exixir e, sobre todo, abrir horizontes e dar resposta á “fame natural” dos nenos e nenas; unha fame que lles permite descubrir o mundo e crecer emocionalmente de forma sana, natural e equilibrada.

A novela está orientada ao público xuvenil e adulto.

O acto de presentación está aberto ao público en xeral ata completar o aforo da sala. Tras a finalización todas as persoas interesadas poderán adquirir un exemplar da obra.

 

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autores
Fondo local
Biblioespazo 2024

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-de-terpeno-de-emilio-tresgallo

Ligazóns
[1] https://www.youtube.com/@emiliotresgallo9342