Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Libros para o Nadal

Libros para o Nadal

Data: 
luns, 16 de Decembro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

A biblioteca ofrece un obradoiro de empaquetado de libros para agasallo

O Concello iniciou o pasado luns 9 de decembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias vulnerables. A recollida dos xoguetes está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón [1] que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis.

Máis información: Campaña de recollida de xoguetes. [2]

Dende o noso servizo colaboramos con esta campaña establecendo a biblioteca coma un dos puntos de entrega dos xoguetes e aportando libros que os nenos e nenas atoparán na súa árbore de Nadal.

Para que estes contos cheguen aos fogares ben fermosos organizamos un obradoiro de empaquetado creativo para que as persoas maiores de 16 anos que así o desexen poidan participar envolvésndoos para agasallo. A cita será o luns 16 de decembro entre as 16:30 e as 19:00 horas e o martes 17 de decembro entre as 10:30 e as 13:00, intervalo horario no que a chegada e a saída é libre. Para participar non é necesaria inscrición previa.

Animádevos a participar e encher de cor a noite de Reis!

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/libros-para-o-nadal

Ligazóns
[1] https://sites.google.com/view/centro-recursos-solidarios/%C3%BAltimas-noticias [2] https://naron.gal/cat/gal/cat/gal/novas/get/6451