Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación de "Lola, después del Faro" de John Sullivan

Presentación de "Lola, después del Faro" de John Sullivan

mércores, 19 de Febreiro de 2025

O autor gaditano presenta a súa novela na biblioteca

O vindeiro venres 28 de febreiro, a biblioteca acollerá a presentación do libro Lola, después del Faro, a última novela do escritor John Sullivan. O evento comezará ás 18:00 horas e contará coa participación da escritora naronesa Isabel Ramos Breijo, quen acompañará ao autor nesta ocasión tan especial.

John Sullivan naceu en San Fernando (Cádiz) o 17 de decembro de 1980. Desde a adolescencia desenvolveu unha grande afección pola literatura e, especialmente, pola escritura.

Tras gañar o Premio Pimienta de relato erótico nas súas edicións de 2018 e 2019, Sullivan publicou en 2021 o seu primeiro libro: Nombres de mujer. Un ano máis tarde combinou o erotismo con tramas de misterio na novela El Faro de Estela.

A obra que agora nos presenta, Lola después del Faro, (ExLibric, 2024) é unha novela curta de misterio que retoma a historia iniciada en El Faro de Estela. Neste novo libro, o autor profunda na trama e na historia dos personaxes, reducindo o erotismo a detalles puntuais. Se na primeira novela falaba de amor, perdón e redención, esta obra centra o seu relato na amizade pura, na importancia das pequenas cousas e en cómo a tenrura e os bos sentimentos poden vencer o odio, encarnado polo antagonista Rafael.

Unha das curiosidades desta obra é o uso da música en español dos anos 90, que serve como fío condutor da trama, nomea os capítulos e achega simbolismo a través das súas letras.

A presentación será unha oportunidade única para achegarse ao autor, descubrir os detalles que hai tras a novela e gozar dun evento literario especial.

O acto está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala. Tras a súa finalización todas as persoas que así o desexen poderán adquirir un exemplar.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autores

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-de-lola-despu%C3%A9s-del-faro-de-john-sullivan